EGAP : publicado no DOG o plan de formación para o ano 2023


29 dic 2022




 Publícase hoxe no DOG a Resolución do 21 de decembro do 2022 pola que se publica o Plan de formación para o ano 20233.

O Plan de formación continua da EGAP recolle as actividades formativas dirixidas ao persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, ao persoal das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional, ao persoal ao servizo da Administración de xustiza de Galicia, ao persoal ao servizo das entidades locais de Galicia e ao persoal de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (UDC, USC e Uvigo), tras unha incorporación gradual que culminou, no ano 2015, coa agregación deste último colectivo como destinatario das actividades formativas da EGAP.


Esta resolución ten carácter informativo e a execución das accións recollidas nela queda condicionada á existencia de crédito orzamentario adecuado e suficiente e ao que se estipule en cada convocatoria.

Ata que non se publiquen as  convocatorias no DOG non se poderá formalizar a matrícula nas distintas accións formativas contidas neste plan.


 Para ver a resolución completa, preme aquí