Hoxe , tivo lugar mediante videoconferencia unha mesa de traballo de formación co fin de establecer un dialógo entre a DXX e as organizacións sindicais para poder fixar as primeiras pautas que rexirán o programa de formación da EGAP do ano 2023.
A Dirección Xeral de Xustiza diferenciou catro bloques nos cursos do plan de formación EGAP:
1. Cursos de formación específica para médicos forenses
2. Cursos tecnolóxicos
3. Cursos de carácter procesual e xuridico.
4. Cursos en materia de prevención.
-Respecto aos cursos específicos para os médicos forenses ,a DXX informa que a directora do Imelga plantexou que para o vindeiro ano 2023 , esta formación específica , debería xestionarse directamente entre o Imelga e a Egap.
-Teñen previsto para o ano 2023 seguir cos cursos sobre o expediente xudicial electrónico, facendo diferenciacións entre os cursos destinados ao corpo de auxilio xudical e os destinados ao resto dos corpos. Amtega está xa a facer unha formación presencial que non tería que ser incompatible con estes novos cursos .Manifestan a necesidade de que esta formación tecnolóxica teña sempre unha parte presencial.
-Propoñen facer cursos que engloben as modificación procesuais, como a Ley 26/22 en materia concursal e a modificación da ley 8/21.
-Informa tamén que a ratio de peticións dos cursos non seria , en principio un criterio para eleminar cursos, xa que os cursos da programación do ano 2022 tiveron un ratio moi elevada.
Desde CCOO reiteramos a necesidade de coñecer a proposta formativa por parte da EGAP para o ano 2023 , cal é o orzamento destinado a dita formación , os datos estatísticos relativos aos cursos ofertados neste ano para poder facer unha proposta real e axeitada.
-CCOO propón continúar estruturando en Módulos os cursos de cada xurisdición, engadindo novos cursos que engloben as reformas lexislativas.
-CCOO propón o aumento do número de prazas e edicións ofertadas para os cursos de linguaxe xurídico do nivel medio e superior tanto para o persoal pertencente á Comunidade Autónoma Galega como para o persoal de fora da nosa Comunidade.
-CCOO solicita a realización de cursos de formación en liña para a preparación da oposición. Esta é unha formación que xa se esta a impartir no territorio Ministerio e nalgunhas outras Comunidades.
-CCOO solicita , outro ano máis, a posta en marcha da formación presencial de acollida ( nos supostos de incorporación de funcionarios/as de novo ingreso, xa sexan titulares ou interinos ,a postos de distinto ámbito xurisdicional ,ben sexa polo concurso de traslados o por novas incorporaciones de persoal interino.... ..)
Propoñemos que sexa unha formación práctica impartida no mesmo posto de traballo, como se fai dende hai tempo noutras Comunidades Autónomas , mediante titorías.
Consideramos e reiteramos que esta é unha necesidade urxente e pedimos que para este ano 2023 se destine unha partida orzamentaria para esta formación personalizada a base de titores.
-CCOO solicita que se fagan cursos de formación específica en materia de violencia de xénero
A DXX daranos traslado nos próximos días do plan de formación para o ano 2023 para que podamos facer alegacións por escrito e nas próximas semanas celebrarase a Mesa de formación para establecer o programa formativo definitivo da Egap para o ano 2023.