EGAP: Convocatoria de programa de autoformación


27 sept 2022







Hoxe publicase no DOG a RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2022 pola que se convoca, con carácter extraordinario, o programa de autoformación para o persoal ao servizo das administracións territoriais, institucionais e entes públicos instrumentais do sector público da Comunidade Autónoma, así como para o persoal da Administración de xustiza de Galicia e de administración e servizos (PAS) das tres universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG).

O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e ata o 14 de outubro de 2022.

As persoas que desexen participar no programa de autoformación dispoñen de dúas opcións, compatibles entre elas pero independentes unha da outra: por unha banda poden acceder aos contidos das actividades sen máis trámite que o de inscribirse na zona de matrícula da EGAP, tal e como se prevé no anexo I. Por outra banda, poden solicitar presentarse ás probas de avaliación reguladas no anexo II que lle ofrecen a posibilidade de acreditar a súa competencia mediante a obtención dun certificado de equivalencia.


O acceso aos contidos non implica a obriga de presentarse ás probas de avaliación, nin é tampouco un requisito para matricularse nelas, pero só as persoas que se matriculen nestas probas e as superen teñen dereito a obter un certificado de equivalencia, que ten o mesmo valor que un de aproveitamento. En concreto, as probas de avaliación superadas nesta modalidade de formación valoraranse conforme o que establezan as bases dos concursos que convoque, no seu día, a Dirección Xeral da Función Pública.


Para ver a Resolución completa, preme aquí