Aquelas persoas aspirantes que estean incluídas en bolsas de distintos corpos, ou en varias provincias da mesma bolsa, deberán seleccionar aquela única na cal desexen quedar. O prazo para elixir bolsa (10 días hábiles) habilitarse entre o 29 de agosto e o 9 de setembro.
A elección deberá realizarse telematicamente, cubrindo necesariamente o formulario electrónico dispoñible na aplicación informática. Unha vez cuberto o formulario, deberase presentar de xeito electrónico a través da OPAX.
Se non o fixeran, entenderase que desisten de todas as súas solicitudes.
As persoas que únicamente solicitasen formar parte dunha única bolsa, corpo e provincia non terán que efectuar a dita elección.