Publicada a listaxe resultante de persoas admitidas e excluídas das bolsas de traballo de persoal interino de Galicia


29 jul 2022


 Ver resumo






Saíu publicada, con data do 28 de xullo de 2022, a Resolución da Dirección Xeral de Xustiza pola que se aproban as listaxes resultantes de persoas admitidas e excluídas das bolsas de traballo de persoal interino dos corpos xerais ao servizo da Administración de Xustiza convocadas pola resolución da Dirección Xeral de Xustiza do 28 de xaneiro de 2022.

As listaxes poderán consultarse tamén a través da OPAX (https://opax.xunta.es), seguindo a ruta "Bolsa de interinos > Listaxes".

Aquelas persoas aspirantes que estean incluídas en bolsas de distintos corpos, ou en varias provincias da mesma bolsa, deberán seleccionar aquela única na cal desexen quedar. O prazo para elixir bolsa (10 días hábiles) habilitarse entre o 29 de agosto e o 9 de setembro.

A elección deberá realizarse telematicamente, cubrindo necesariamente o formulario electrónico dispoñible na aplicación informática. Unha vez cuberto o formulario, deberase presentar de xeito electrónico a través da OPAX. Se non o fixeran, entenderase que desisten de todas as súas solicitudes.

As persoas que unicamente solicitasen formar parte dunha única bolsa, corpo e provincia non terán que efectuar a dita elección.

Para ver a Resolución , preme aquí 

Para ver as listaxes resultantes, preme aquí