No día de hoxe negociouse entre Dirección Xeral de Xustiza, CCOO e demais organizacións sindicais a nova regulación das substitucións para aplicar ao persoal de xustiza na nosa comunidade, pendente da súa publicación no DOG:
- Seguirá tendo preferencia a substitución vertical sobre a horizontal.
- Grazas ao acordo con CCOO seguiranse a retribuir de forma íntegra
- Elimínase o sinsentido do requisito dos 6 meses de servizo activo para poder participar nas convocatorias.
- Na parte negativa continúa a desregulación e opacidade das quendas, con 107 euros por quincena, pero sen transparencia e equidade, de pouco van servir. CCOO pediu o pago por atribución efectivamente realizada.
Noutro orde de cousas anunciouse:
- O ministerio ten aprobadas as máis de 40 prazas de nova creación froito do acordo de CCOO e outras organizacións coa Xunta, polo que en datas próximas sairán comisión de servizos para ser ocupadas.
- A dirección xeral ten detectadas dúas prazas que poderian ser incluidas no proceso de estabilización derivado da lei 20/21.
- As bolsas de traballo para persoal interino están en fase de baremación, coa previsión de rematar os traballos este mesmo mes, polo que a publicación da listaxe provisional poderia producirse antes do verán.
- CCOO reiterou a necesidade de iniciar as negociacións para desenvolver no noso ámbito un Plan de igualdade.
- Os problemas de filtración de datos de lexnet quedarán solucionados segundo o Ministerio no día de hoxe.
CCOO quere agradecer, na súa despedida, ao Director Xeral, Juan José Martín Álvarez, malia todas as diferenzas dende unha perspectiva sindical, a súa entrega todos estes anos, e aínda que non se acadaron todos os avances aos que aspirabamos, temos que recoñecer o seu talante, a súa nobreza e bonhomía, desexándolle toda a sorte no seu destino futuro.