Nova convocatoria de comisións de servizos


26 abr 2022






 No día de hoxe publícase convocatoria para a cobertura de postos en comisión de servizos en Galicia.


Non é precisa antigüidade no corpo, pero si é necesario informe positivo, no caso de proceder de fóra de Galicia, do Ministerio de Xustiza ou da comunidade con competencias transferidas.


A presión sindical para ordear todo o réxime de provisión de postos está a dar un xiro na súa convocatoria e regulación, sendo nas últimas semanas moito máis áxil e eficaz, o que demostra que a regulación era necesaria, óptima para o servizo e dando oportunidades a quen radica fóra de Galicia.


CCOO considera urxente que se regulen as substitucións, con plenitude de dereitos, incluídos trienios e cotizacións, e coa eliminación pertinente, en coherencia coa orde de comisións de servizos, dos seis meses de prazo no posto en servizo activo para poder participar.


O prazo de presentación de solicitudes é de cinco días hábiles, contados a partir do 27 de abril.


Para consultar a resolución completa preme aquí