Mesa sectorial 15/03/22


15 mar 2022


 



No día de hoxe tivo lugar unha mesa sectorial importante ao efecto de avanzar en cuestións que redundan en melloras dos nosos dereitos:


  • Creación de prazas: froito do acordo sindical, lógranse 57 novas prazas que quedan distribuídas da seguinte maneira:



Isto favorecerá a súa oferta en comisión de servizos ata o primeriro concurso de traslados que se convoque, convertirá en plantilla prazas de reforzo, previa autorización do Ministerio de Xustiza e consolidará demandas que viñamos realizando dende hai anos.


No entanto, botamos en falta unha negociación real en canto a súa determinación e, de cara a futuros exercicios, en vista de que se deben crear máis prazas cada ano, demandamos que se traballe conxuntamente cales son máis necesarias, como nos casos de Xulgados de violencia de xénero ou Mixtos cunha forte saturación, entre outros.


  • Carreira profesional: unha vez aclarada e tomada como boa a posición de CCOO, no sentido de que as sentenzas que afectaban ao acordo da Xunta de Galicia non entorpecían a continuidade do acordo na Administración de Xustiza, abrirase o grao dous e o grado extraordinario o máis rápido posible, en canto este acordo estea aprobado polo Consello da Xunta. Agardamos a maior celeridade tamén na negociación dentro de Función Pública da Xunta, para o cumprimento do acordo e a inclusión efectiva de todo o persoal interino, e que se faga con efectos retroactivos.



  • CAT: tamén froito do acordo sindical de 2018 entre Xunta e CCOO, USO e UXT, actualizarase o CAT de forenses e xestores, que quedou fora da media estatal, así, subirán 22,90 euros ao mes para o corpo de xestión procesual e 60,03 para médicos forenses, con efectos retroactivos dende 1 de xaneiro de 2022.



  • Comisións de servizos: unha nova regulación de provisión de postos cunha nova orde de comisión de servizos e outra de substitucións faise imprescindible, cóntanse por decenas as prazas que quedan desertas en substitución e son moitos os compañeiros e compañeiras prexudicados polas constantes desregulacións que se producen, como a absurda norma de esperar seis meses para poder participar noutra, o cese da persoa que ocupa unha praza por substitución se lle dan unha praza no concurso ou o constrinximento para o persoal de fóra de Galicia para ocupar prazas de forma temporal na nosa comunidade.



CCOO considera imprescindible celeridade e rigor para regular esta situación, que canto antes se senten as bases para participar polo persoal de fóra de Galicia nas comisións de servizo e a publicación inmediata da orde se conta con informes favorables.


Pero non se pode entender esta orde de forma illada sen unha regulación coincidente coas substitucións e, dende logo, que se anulen despropósitos como cesar a persoal que exerce un posto como substituta polo mero feito de darlle praza no concurso, non só se prexudica de forma inxusta ao afectado, se non tamén ao servizo que ten que espera que a praza se publique novamente.


Noutro orde de cosas dende a Dirección Xeral manifestouse:


  • Que en Galicia non existe ningunha praza afectada pola estabilización de interinos.


  • Que fan ouvidos xordos ás demandas reiteradas por CCOO e todas as organizacións sindicais, operadores xurídicos e persoal afectado ás gardas de 24 horas en Vigo e A Coruña nos Xulgados de Instrución. Tema grave e de calado que require de actuacións contundentes ata lograr un obxectivo razonable, se atendemos as cidades co mesmo número de xulgados, e, dende logo, solicitado dende todas as partes afectadas, como fixo tanto en escritos á Dirección Xeral como en posicións públicas en medios de comunicación CCOO.


  • Elaborarase un protocolo de acoso laboral, algo que xa vai con moito retraso, no ámbito do Comité de Seguridade e Saúde.


  • CCOO demandou tamén un plan de igualdade específico para a nosa administración.