Hoxe sae publicada na intranet de xustiza a Resolución da Dirección Xeral de Xustiza pola que se convocan postos para a súa cobertura mediante substitución entre titulares.
As solicitudes deberán ser presentadas por correo electrónico ao enderezo servicio.persoal,xustiza@xunta.gal , ou ao fax 981 546 222.
Non se admitirán as solicitudes que se reciban por outro medio. A proba de entrega será o acuse de recibo do fax ou correo electrónico enviado.
Non deberá achegarse documentación coa petición, xa que de ser precisa será requirida pola Dirección Xeral.
O prazo de presentación de solicitudes será de TRES DÍAS hábiles dende a publicación da presente resolución (11, 14 e 15 de febreiro)
Para ver a Resolución preme aquí