Publicados novos avisos de desocupación de prazas para a súa cobertura por substitución entre titulares


23 dic 2021


 



Hoxe sae publicada na intranet de xustiza a Resolución da Dirección Xeral de Xustiza pola que se convocan postos para a súa cobertura mediante substitución entre titulares.

As solicitudes deberán ser presentadas por correo electrónico ao enderezo sercio.persoal,xustiza@xunta.gal , ou ao fax 981 546 222. 

Non se admitirán as solicitudes que se reciban por outro medio. A proba de entrega será o acuse de recibo do fax ou correo electrónico enviado.

 Non deberá achegarse documentación coa petición, xa que de ser precisa será requirida pola Dirección Xeral. 

 O prazo de presentación de solicitudes será de TRES DÍAS hábiles dende a publicación da presente resolución (23, 27 e 28 de decembro)


Para ver a Resolución preme aquí