Alegacións de CCOO
- CCOO aposta por seguir estruturando en Módulos os cursos de cada xurisdición, como se está a facer dende hai uns anos, engadindo algún curso máis que englobe as novas reformas lexislativas .
- CCOO propón, un ano máis, a realización de cursos de formación en liña para a preparación da oposición, dirixidos a todo o persoal titular e interino da Administración de xustiza de Galicia, para quenda libre e promoción interna.
- CCOO solicita o aumento do número de prazas ofertadas para os cursos de linguaxe xurídica do nivel medio e superior tanto para o persoal pertencente á Comunidade Autónoma Galega como para o persoal de fóra da nosa Comunidade, para permitir o acceso aos mesmos das persoas que veñen de superar os recentes procesos selectivos.
- CCOO solicita tamén, outro ano máis, a posta en marcha da formación presencial de acollida ( nos supostos de incorporación de funcionarios/as de novo ingreso, sexan titulares ou interinos, incorporación de funcionarios/as a postos de distinto ámbito xurisdicional polo concurso de tralados, redistribución de efectivos…). Poderia tratarse dunha formación práctica que se proporcionaría no mesmo posto de traballo, como se fai dende hai tempo noutras CCAA. Consideramos e reiteramos que esta é unha necesidade urxente. Esta formación poderia facerse mediante titorías co fin de que os seus destinatarios poidan acceder ao coñecemento práctico das ferramentas ofimáticas e aos contidos lexislativos que poida permitir unha adaptación mellor aos seus postos de traballo, xa que a Comunidade virtual de aprendizaxe posta en marcha hai xa un tempo , é unha ferramenta válida , pero que por si soa ,insuficiente, e no solventa os problemas que se suscitan nos casos dos supostos anteditos. Dende CCOO avogamos por unha formación titorizada, presencial e remunerada ofertada as persoas que desenvolven postos de traballo nesa xurisdición
- Por último CCOO considera crucial que naqueles ámbitos con modificacións técnico lexislativas inminentes, como o Rexistro Civil, ou nos que exista unha sobrecarga que previsiblemente vaian desembocar nun reforzo, como os Xulgados de violencia sobre a muller, se imparta formación específica, con preferencia aos que xa ocupan eses postos de traballo, co fin de evitar colapsos e ofrecer un mellor servizo público.