Adxudicacións das últimas prazas ofertadas mediante o sistema de substitución entre titulares


6 ago 2021


 

 



Publícase na intranet de xustiza a  Resolución  do Director Xeral de Xustiza do 06/08/2021, pola que se resolve a convocatoria de provisión temporal de postos de traballo mediante o sistema de substitución.

A incorporación ao posto de traballo en substitución será na data de efectos indicada na presente resolución e no correspondente acordo de substitución.


Para a formalización desta incorporación expedirase dilixencia de constancia asinada polo/a superior funcional e pola persoa adxudicataria, dilixencia que deberá ser remitida á Dirección Xeral de Xustiza por correo electrónico (servicio.persoal.xustiza@xunta.gal) nesa mesma data.


A renuncia á substitución adxudicada pola presente Resolución, será penalizada coa imposibilidade de obter unha nova substitución durante o período dun ano.

 

  Para ver a Resolución completa, preme aquí