Publicado no DOG a convocatoria dun posto vacante de secretario/a do fiscal superior mediante sistema de libre designación


16 jun 2021



Saíu publicada a Orde do 1 de xuño de 2021, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de secretario/a do fiscal superior

As solicitudes para participar nesta convocatoria presentaranse no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo San Caetano, 15771 Santiago deCompostela), nas súas xefaturas territoriais ou nas oficinas previstas no artigo 16 da Lei39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, segundo o modelo que se inclúe no anexo II.

Código do posto: PR.C99.10.006.15001.002.
Denominación do posto: secretario/a.
Subgrupo: C1-C2.
Nivel: 20.
Complemento específico: 7.701,40 euros.
Corpo ou escala: xeral/tramit. procesual e adtvo.
Adscrición admóns. públ.: A13 (adscrición indistinta a funcionarios da Xunta de Galicia,
Estado e CC.AA. e Administración de xustiza).
Formación específica: 640 para persoal doutra Administración, curso de perfeccionamento
de galego (R.I.).
Dependencia: Unidade de Apoio á Fiscalía Superior.
Localidade: A Coruña.

 Para ver a Resolución completa, preme aquí