Espazo Concurso de traslados 2020: Formación de acollida dirixida ao persoal que se incorpora a un novo órgano xudicial


2 mar 2021


  


 

 


 

Publicado na intranet de xustiza o espazo Concurso de traslados 2020  dirixido ás persoas que ocupan un novo posto de traballo, en especial ás incorporacións procedentes de fóra de Galicia.

Nesta páxina atoparás toda a información e documentación necesaria no comezo e as ligazóns recomendadas.

Nos próximos días recibirás a convocatoria do Curso online de Incorporación ao Órgano Xudicial. Esta capacitación é impartida e titorizada a través da Canle de formación online, a plataforma de teleformación de Xustiza Dixital.

Entrementres, podes consultar  a guía de acollida.