Hoxe publicouse no Dog unha corrección de erro na Resolución do 11 de febreiro de 2021, da Dirección
Xeral de Xustiza, pola que se resolve definitivamente o concurso de
traslado para prazas vacantes entre funcionarios dos corpos e escalas de
xestión procesual e administrativa, de tramitación procesual e
administrativa e de auxilio xudicial da Administración de xustiza,
anunciado pola Resolución do 28 de xullo de 2020.
Na páxina 10785, no punto noveno, onde di:
«Debido á situación de pandemia que estamos a vivir actualmente, nos casos debidamente xustificados en que non se atope aloxamento na localidade de destino, a aqueles funcionarios que lles sexa imposible tomar posesión nos prazos sinalados, amplíaselles o prazo de cesamento e de toma de posesión durante o tempo imprescindible que sexa necesario para solucionar o caso concreto en que se atope a persoa afectada.
Para o efecto, comunicarán a referida circunstancia á xerencia territorial ou ao órgano competente da comunidade autónoma correspondente, achegando a documentación acreditativa da imposibilidade de asistir a tomar posesión no destino adxudicado. Unha vez que finalice a causa da dita imposibilidade, deberán comunicalo tamén á xerencia ou comunidade autónoma, e cesará o día seguinte ao da devandita notificación, contando entón os prazos posesorios establecidos nos puntos sexto e sétimo».
Debe dicir:
«Debido á situación de pandemia que estamos a vivir actualmente, nos casos debidamente xustificados que non atopasen aloxamento na nova localidade de destino, a aqueles funcionarios que lles sexa imposible tomar posesión nos prazos sinalados amplíaselles o devandito período.