Implantación de Minerva SCACE en Ourense


25 nov 2020





  Hoxe publícase na intranet de xustiza que o  próximo día 30 de novembro implantarase a funcionalidade MINERVA SCACE entre as distintas oficinas xudiciais da cidade de Ourense (con exclusión das correspondentes á Audiencia Provincial) e entrará efectivamente en vigor o protocolo 1/20, do 5 de novembro, de actuación do Servizo Común de Notificacións e Embargos da devandita localidade.

A implantación de MINERVA SCACE en Ourense permite a todos os órganos unipersoais e ao servizo de rexistro e repartición enviar respectivamente as solicitudes de actos de comunicación e de auxilio e cooperación xudicial, de forma telemática e cando se teñan que practicar mediante entrega, ao Servizo Común de Notificacións e Embargos da devandita localidade. Pola súa banda, este servizo dixitalizará as dilixencias practicadas, as cales quedarán automaticamente integradas, tamén de xeito telemático, no procedemento xudicial de orixe.

Esta implantación facilitará así mesmo o desempeño das funcións da Oficina de Atención ao Cidadán e Asistencia ás Vítimas ao incorporarse ás bases de datos da aplicación de xestión procesual os datos facilitados polo devandito Servizo Común, ademais de permitir avanzar no proceso de dixitalización da documentación xudicial e de implantación do expediente xudicial electrónico. Podes ver toda a documentación na seguinte ligazón.