Comisión de formación 20/10/2020


21 oct 2020



 


 


 
Onte, 20 de outubro , celebrouse mediante videoconferncia unha xuntanza da Comisión de Formación, coa presenza de membros da DXX, do Egap e os representantes das organizacións sindicais presentes na mesa.




A DXX , informou , que a participación no plan de formación do ano 2020 foi dun total de 951 persoas , das cales 677 correspóndense con funcionarios titulares e 274 con funcionarios interinos .O orzamento adicado a ista formación foi de 98.000 euros.




Con respecto ao plan formativo para o vindeiro ano 2021, manifestan que seguirase estruturando os cursos mediante módulos incrementándose o número de prazas naqueles cursos que tiveron maior demanda e reducindo prazas naqueles que tiveron unha menor demanda. Destacan as seguintes novidades :




1.Formación presencial destinada principalmente a aqueles funcionarios que cambian de destino e ao persoal interino de novo ingreso . Poranse en marcha cursos formativos de curta duración que poidan chegar a todos os funcionarios que o necesiten e para iso contaran coa aula de teleformación da Egap.




2.Curso de “Formador de formadores” previa selección de funcionarios da administración de xustiza en base a uns criterios establecidos e que que serán logo os encargados de impartir esa formación presencial .




3.Incremento do número de prazas ofertadas nos cursos de galego .O secretario da Egap manifestou que para conseguir ese incremento de prazas estase a traballar nunha colaboración entre a Secretaría de política linguistica e o Inap .




4.Cursos de preparación de oposicións de promoción interna,mediante a colaboración coa DXX que deberá informar ao Egap do calendario dos procesos selectivos , establecerianse uns módulos cuns contidos que estarian abertos hasta que rematase o proceso selectivo.




A implantación dalgunha destas novidades estarían condicionadas ao orzamento que se aprobe para a formación do ano 2021.