Reunión da mesa sectorial de xustiza 31/07/2020


31 jul 2020






Hoxe, 31 de xullo de 2020 celebrouse mediante videocoferencia  a mesa sectorial de xustiza coa asistencia do director xeral de xustiza e representantes de todas as OOSS presentes na dita mesa coa seguinte orde do día: 


1.Implantación do réxime extraordinario de acceso ao grao I do sistema de traxectoria profesional do persoal funcionario de carreira ao servizo da Administración de Xustiza en Galicia.



A DXX traladounos antes da reunión un borrador do Acordo para a implantación do réxime extraordintario de acceso ao grao 1 do sistema de traxectoria profesional que recolle como se vai a proceder para solicitar o acceso ao grao I do sistema de traxectoria profeional. CCOO asinará este Acordo que supón un novo avance nas nosas retribucións, e Galicia xunto coa Comunidades de Valencia serán as únicas autonomias que teran recoñecido este dereito á carreira profesional ( traxectoria profesional), ainda que un sindicato anunciou xa na mesa a presentación dun recurso ante o Tsxg  contra este acordo , e o outro sindicato presente na mesa anuncia que o recorrerá tamén poñendo así ” paos nas rodas do carro “.

Este sistema extraordinario será de aplicación ao persoal funcionario de carreira da Administración de Xustiza en Galicia.e ao persoal funcionario interino seralle de aplicación nos mesmos termos que se establezan para o persoal funcionario interino da Administración Xeral da Xunta de Galicia (CCOO ten solicitado convocatoria da mesa xeral de negociación de función pública para solicitar a inclusión do persoal interino e dar  asi cumprimento a última normativa europea e a recente sentencia da sala do contencioso do Tribunal Supremo).

No mes de setembro poderase comezar a tramitar as solicitudes . Os solicitantes farán as súas solicitude a través dun formulario electrónico que estará dispoñible na OPAX e disporán de 15 días hábiles a partir da publicación deste Acordo para facer as súas solicitudes. 


2. Plan de actuación de axilización na Administración de xustiza (plan de choque).e creación de novos xulgados. 

O director xeral informou do plan de actuación de axilización para a Admón de xustiza.. CCOO solicitou que este plan de actuación se recolla nun documento con soporte estatistico e se nos dea traslado para poder facer as alegacións oportunas e levalo despois  a unha mesa sectorial específica dada a súa trascendencia. 

Dentro do apartado de medidas estruturais do plan de actuación de axilización na Administración de xustiza para facer fronte á Covid-19, prevese a creación de 3 novos xulgados, cuxa entrada en funcionamento está prevista para o último trimestre do 2020.: 

. Xulgado do social 7 da Coruña 

. Xulgado do social 7 de Vigo 

. Xulgado do social 4 de Lugo 


Os tres novos xulgados contarán cun cadro de persoal de 2 xestores, 4 tramitadores e 2 auxilios. As 6 prazas de xestión,12 de tramitación e 6 de auxilio ofertáranse mediante comisión de servizos. 


3. Acordo para retribuír nun punto adicional o desempeño das funcións de secretaría nos xulgados de paz. 


Este Acordo modifica as retribucións do posto de Xestor/a procesual secretarios/as xulgados de paz para os efectos de retribuír, nun punto adicional (28,62 € mensuais), o desempeño das funcións de secretaría nos Xulgados de Paz por parte do persoal que ocupe o devandito o posto. Afectará a aquel persoal que, nos 5 anos anteriores a data e entrada en vigor deste acordo, ocupase o posto de Xestor/a procesual secretarios/as Xulgados de Paz (IV–D) nun Xulgado de Paz da Comunidade Autónoma de Galicia e desempeñase as funcións de secretaría.No lle será de aplicación ao persoal que percibise a liquidación correspondente en virtude de execución de resolución xudicial firme ou por calquera outra causa. Este acordo publicarase no DOG e entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación.