Publicación o martes,21 de xullo, das comisións de servizo das prazas de nova creación nas fiscalías de Galicia


17 jul 2020




A Dirección xeral de xustiza acaba de comunicarnos que o vindeiro martes, 21 de xullo, publicarase a convocatoria para a provisión mediante comisión de servizos das prazas de nova creación das Fiscalías de Galicia.

Poderán solicitar as comisións de servizos, con exención de funcións nos seus postos actuais, os funcionarios de carreira dos corpos ao servizo da Administración de xustiza que se atopen en situación de servizo activo no mesmo corpo do posto que se convoca, e que no prazo de presentación de solicitudes leven prestando como mínimo seis (6) meses de servizos no posto dende o que participa, xa sexa provisional ou definitivo.