Publicada a Resolución 08/06/2020 que regula a Fase 3 do plan de desescalada na Administración de xustiza de Galicia


8 jun 2020





A Dirección Xeral de xustiza acaba de remitirnos a Resolución do 8 de xuño de 2020 pola que se da traslado ao ámbito da Aministración de xustiza da Comunidade Autónoma de Galicia da Orde JUS/504/2020 , do 5 de xuño pola que  se regula a fase 3 do Plan de desescalada para a Administracióbn de xustiza ante  a Covid-19.

A Fase 3 actívase mañá,  9 de xuño e supón a incorporación ao traballo do 100% dos efectivos.

Sen prexuízo das especialidades correspondentes ao servizo de garda e rexistro civil, nesta fase 3 a xornada diaria de traballo comprenderá e unha quenda de mañá dseis horas entre as 7:30 e as 15:00 horas. Esta quenda, en todo caso, requirirá a presenza efectiva do persoal no horario de atención ao público.

Todos os funcionarios que actualmente se encontren de permiso por deber inescusable poderán manter o dito permiso durante a vixencia da fase 3, extinguíndose os seus efectos o día 21 de xuño de 2020.

A solicitude inicial ou de renovación deste permiso realizarase a través da OPAX

O persoal que teña recoñecido o permiso por patoloxías susceptibles de agravarse por efecto da exposición á COVID-19 non poderá ser chamado a prestar servizos de xeito presencial en tanto o Servizo de Prevención de Riscos Laborais non verifique a súa situación. Neste sentido, é imprescindible que o traballador presentara a correspondente solicitude de valoración da súa situación a través do correo electrónico prevencion.riscos.laborais@xunta.gal e que posteriormente facilitara os datos e documentación que, se for o caso, lle foran solicitados.


Para ver a Resolución completa, preme aquí

Achégase anexos das catro provincias coa relación de órganos xudiciais onde se poderá establecer quendas de tarde