Publicada a instrución da DXX sobre a reincorporación do persoal con permiso por deber inescusable ou especialmente sensible


21 jun 2020









A Dirección Xeral de xustiza achegounos a instrución sobre a reincorporación do persoal con permiso por deber inescusable ou especialmente sensible.

Permiso por deber inescusable.

Todo o persoal acollido ao permiso por deber inescusable previsto na Orde JUS/504/2020 deberá incorporarse ao seu posto de traballo o 22 de xuño.

Una vez reincorporados e de presentarse un novo permiso por deber inescusable, este será valorado en cada caso concreto, atendendo exclusivamente ás circunstancias extraordinarias debidamente acreditadas.


 Persoal especialmente sensible.


Daranse por finalizados os permisos concedidos ao persoal que, tendo solicitado a valoración da súa situación de vulnerabilidade ao Servizo de Prevención de Riscos Laborais, recibira xa o correspondente informe e este clasificase a dita situación como 1 e 2, ou 3 (sen recomendación de baixa), situacións que lle permiten continuar coa súa actividade laboral observando as medidas de protección, tanto colectivas como individuais previstas. Por outra parte, e polo que respecta á clasificación 4, estarase ao caso concreto, e á posibilidade ou non de adaptación ou cambio de posto, que de non ser posible implicaría a tramitación da corresponde IT (incapacidade temporal) como traballador especialmente sensible ou PREL (prestación risco embarazo lactación).

Nos casos nos que o informe recomende a baixa médica, a persoa afectada deberá dirixirse ao seu servizo médico de atención primaria aos correspondentes efectos, xustificándoo ante o respectivo servizo de persoal.

Así mesmo, tamén poderase dar por finalizado o permiso ao persoal que non presentase os informes e/ou datos requiridos polo servizo médico para valorar a súa situación, sempre que non medie causa xustificada, que se deberá acreditar.

O persoal comprendido nos dous apartados anteriores terán preferencia no acceso ao teletraballo.

Para ver a Instrución completa, preme aquí