Saíu publicada con data do 3 de xuño de 2020 unha corrección de erros
da resolución coas adxudicacións da última publicación de prazas
ofertadas para a súa cobertura en substitución entre persoal titular ao
servizo da Administración de xustiza en Galicia.
Poden consultar a información na resolución de adxudicación de postos.
Os correspondentes acordos de substitución entre titulares serán
enviados por correo electrónico aos/ás adxudicatarios/as, e serán
comunicados, á súa vez, aos superiores funcionais dos órganos de orixe e
destino para o seu coñecemento.