Rematada a reunión por videoconferencia desta mañá coa Dirección Xeral de xustiza, remítennos o seguinte mail, coa Resolución do 25 de maio de 2020 que regula a Fase 2 do plan de desescalada na Administración de xustiza de Galicia que comeza mañá 26 de maio xunto coas táboas de efectivos mínimos por órganos e provincias nesta fase2.
"Bo día,
Por orde do Director Xeral de Xustiza, achégase Resolución do 25 de maio de 2020, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que, dando traslado ao ámbito da Administración de xustiza da Comunidade Autónoma de Galicia da Orde JUS/430/20
20, do 22 de maio, se determina a fase 2 do Plan de desescalada."
A xornada diaria de traballo comprenderá seis horas continuadas de presenza efectiva entre as 7:30 h e as 15:00 h, respectándose en todo caso o horario de audiencia pública, e coas especialidades correspondentes ao servizo de garda e Rexistro Civil.
Para ver a Resolución completa do 25 de maio de 2020, preme aqui
Servizos mínimos por xulgados, provincia A Coruña
Servizos mínimos por xulgados, provincia de Lugo
Servizos mínimos por xulgados, provincia de Ourense
Servizos mínimos por xulgados, provinca de Pontevedra