A DXX remítenos a seguinte nota informativa sobre o procedemento para a declaración de traballador/a como potencialmente sensible.
"Conforme á Resolución desta Dirección Xeral do 11 de maio de 2020, pola que se traslada ao ámbito da Administración de xustiza da Comunidade Autónoma de Galicia a Orde JUS/394/2020, do 8 de maio, pola que se aproba o Esquema de seguridade laboral e o Plan desescalada para a Administración de xustiza ante a COVID-19, disponse que o persoal que, por ser grupo de risco, solicitase o permiso por deber inescusable, autorizaráselle dito permiso de forma provisional ata recibir o informe do Servizo de Prevención de Riscos Laborais.
No DOG do 19 de maio de 2020 publicouse a Resolución do 18 de maio de 2020 , da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se da publicidade a diversos acordos do Centro de Coordinación Operativa da situación de emerxencia sanitaria no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia (Cecop) do 16 de maio de 2020. Entre os acordos publicados, figura o relativo á Guía de actuación preventiva ante o coronavirus no ámbito da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, cuxo obxecto é, en aplicación dos procedementos de actuación aprobados polas autoridades estatais, establecer o protocolo interno de actuación á hora de abordar a prevención da infección do coronavirus desde a óptica da súa prevención no eido laboral, así como establecer os mecanismos de protección dos traballadores, con especial referencia aos especialmente sensibles.
Na definición do procedemento ao seguir o/a traballador/a deberá presentar unha solicitude ante o Servizo de Prevención de Riscos Laborais, na cal exprese que concorren causas para a súa consideración como grupo vulnerable.
A dita solicitude deberá ser remitida polo/a traballador/a ao correo prevencion.riscos.laborais@ xunta.gal."