Publicada na intranet de xustiza información sobre teletraballo


30 abr 2020










No apartado de INFORMACIÓN CORONAVIRUS creouse unha nova xanela onde se inclúe toda a información de interese relativa á modalidade de prestación de servizos mediante teletraballo á que se poden acoller os funcionarios ao servizo da Administración de xustiza en Galicia".




SOLICITUDE DE TELETRABALLO:


Está habilitada para os funcionarios da Administración de Xustiza de Galicia a posibilidade de prestar servizos mediante teletraballo, accedendo en remoto ao seu equipo da oficina e a todas as aplicacións: Minerva-Nox, Fortuny, Lexnet, Portasinaturas, Visor, Sirax e PNX, entre outras.

Lembra que no teletraballo mantéñense as obrigas de confidencialidade e protección de datos.

REQUISITOS PARA TELETRABALLAR

-Dispoñer de medios técnicos propios.
-Coñecer e cumprir as normas de prevencion de riscos laborais

 O funcionario interesado debe enviar un correo electrónico ao seu superior funcional (Letrado da Administración de Xustiza, Fiscal Xefe ou Subdirector do Imelga) co seguinte texto:

Funcionario que solicita o teletraballo:
Nome e apelidos:
Correo electrónico (@xustiza.gal):
DNI:
Corpo:
Información do seu equipo da oficina (a que consta na etiqueta do equipo):

DECLARO: que coñezo as normas sobre prevención de riscos laborais no teletraballo que se conteñen no Manual de información da Xunta de Galicia publicado na Intranet, ao que teño acceso.

O superior funcional debe autorizar o teletraballo.Para isto abonda con que reenvíe á conta do CAU (soporte.xustiza@xunta.gal) a comunicación que teña recibido por parte do funcionario solicitante, e engadindo a seguinte información na mensaxe:


Responsable funcional que autoriza o teletraballo
:
Nome e apelidos:
Corpo:
Órgano xudicial do que son responsable:



Cando podo comezar a teletraballar?

Unha vez tramitada a solicitude de alta no servizo de conexión remota á Rede Corporativa da Xunta de Galicia mediante VPN, recibirás na túa conta de correo corporativa o manual coas instrucións para a súa configuración.

É importante consultar con frecuencia a conta de correo debido a que é o medio polo que se comunicará a activación do acceso mediante VPN. Lembra verificar que non tes a caixa de correo chea (ocupación 100%) para garantir que recibes as comunicacións.

Unha vez que teñas recibida a confirmación xa poderás conectarte á rede corporativa, coa posibilidade de realizar escritorio remoto ao teu equipo de posto de traballo na sede xudicial.

Se precisas asesoramento ou soporte técnico para a configuración da conexión remota VPN podes contactar co CSU de Xustiza a través das canles habituais.