EGAP: Convocadas actividades formativas para o persoal ao servizo da Administración de xustiza de Galicia


4 mar 2020







Hoxe publícase no DOG  a Resolución do 26 de febreiro de 2020 pola que se convocan actividades formativas para o persoal ao servizo da Administración de xustiza de Galicia.

Poderán participar nas actividades formativas convocadas nesta resolución os/as empregados/as públicos/as e persoas integrantes das bolsas de interinos dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa, auxilio xudicial e médicos forenses da Administración de xustiza en Galicia en situación de servizo activo (incluído permiso por maternidade, adopción ou acollemento ou excedencia polo coidado dun/dunha fillo/a ou dun/dunha familiar) e que reúnan os requisitos establecidos nesta convocatoria.


O prazo de presentación de solicitudes será de dez días a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal.matricula> desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 23.55 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

Para ver a Resolución, preme aqui