Publicouse a Resolución do 24 de xaneiro de 2020 pola que se aproba a listaxe resultante de admitidos e excluídos da bolsa de traballo de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial convocada pola Resolución da Dirección Xeral de Xustiza do 18 de marzo de 2019.
Pode consultar a resolución facendo clic nesta ligazón.
As listas poderán consultarse a través da OPAX (https://www.xunta.es/sxpa/AIX/), seguindo a ruta Bolsa de interinos->Listaxes.
Aqueles aspirantes que estean incluídos en bolsas de distintos corpos, ou en varias provincias da mesma bolsa, deberán seleccionar aquela única na cal desexen quedar no prazo de dez días hábiles desde a publicación desta resolución (fin do prazo: 11.02.2020 ás 23.59 h). En caso contrario, entenderase que desisten da súa solicitude.
A elección deberá facerse de maneira electrónica a través da OPAX.
É importante recordar que ao elixir a bolsa correspondente xérase un borrador que é necesario presentar, ben electronicamente, con DNI electrónico ou certificado dixital, ou ben manualmente en calquera dos lugares do artigo 16.4 da Lei 39/2015 do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Todos os solicitantes de bolsa dispoñen dun manual na pantalla de "solicitude de bolsa", no apartado "Instrucións".
Nas páxinas 27-29 do manual (33-35 no manual en castelán) explícase como realizar a elección de bolsa.