A DXX comunícanos que na semana do 27 de xaneiro, está prevista a publicación das listas resultantes ás que fai referencia o punto 2 do artigo 10 da Resolución do 18 de marzo, da Dirección Xeral de xustiza, pola que se convocan bolsas de traballo de persoal interino dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza en Galicia.
Cada persoa solicitante só poderá formar parte dunha única bolsa, corpo e provincia, polo que no caso de que estea incluída en bolsas de distintos corpos, ou en varias provincias da mesma bolsa, deberá seleccionar aquela única na cal desexe quedar. Se non o fai, entederase que desiste de todas as súas solicitudes.
A elección deberá facerse TELEMATICAMENTE, no prazo de dez días hábiles a partir da publicación das mencionadas listas, cubrindo NECESARIAMENTE o formulario electrónico na aplicación informática.