Reunión da Comisión Paritaria de interinos


27 nov 2019






O día 25 de novembro tivo lugar unha reunión da Comisión Paritaria de interinos en Santiago de Compostela.

A Dirección Xeral de Xustiza informounos do estado no que se atopan as solicitudes despois do prazo concedido para facer alegacións as listaxes provisionais.

Número de alegacións presentadas: 249 (152 telemáticas e 97 manuais). Houbo 178 sobre erros na baremación e 100 delas foron aceptadas.

Moitas persoas sairon excluídas nas listas provisionais por non ter presentado a instancia de forma telemática. Admitíronse todas as alegacións presentadas neste sentido, xa que a DXX comprobou que o CAU non prestou a asistencia técnica suficiente ao persoal que non estaba traballando nese momento na bolsa, polo que acordaron admitir todas as alegacións .

En cánto aos solicitantes que participaban pola cota de discapacidade, a convocatoria establecía que debían presentar coa súa solicitude ,un documento acreditativo da condición de discapacidade e un informe de compatiblidade para o desempeño das funcións propias do corpo polo que participaban . Aqueles que non presentaron o primeiro informe, pasan ao turno xeral. En cánto ao informe de compatbilidade, se acreditan que o solicitaron ,ainda que estén pendentes da súa emisión, aceptaranse as súas alegacións. Hai 7 persoas que non pediron o dito informe que serán excluídas.

Houbo tamén erros que foron corrixidos de oficio pola Administración: -Unha solicitante que tiña cumprida a idade de xubilación no momento de peche do prazo da convocatoria. -Tres solicitudes que estaban mal puntuadas no apartado de exames. -Unha persoa excluida por ter un expediente de falta de capacidade e rendemento e que tivo que ser admitida nos outros dous corpos nos que presentou tamén solicitude. A todos estas persoas a Administración notificoulles o erro e deronlle un novo prazo para facer alegacións.

As listas definitivas publicaranse no mes de Xaneiro.

Criterio de aplicación do artigo 21 (cese do persoal interino). Debido a toda a casuística que se presenta a diario nasDelegacións Territoriais en relación aos ceses do persoal interino, fixaronse uns criterios comúns consensuados entre a Administración e todas as organizacións sindicais. A DXX colgará na intranet de xustiza estes criterios comúns que rexiran os ceses .