O pasado 24 de outubro de 2019, celebrouse en Santiago de Compostela unha reunión da Mesa Sectorial de Xustiza, entre a Administración e as sete OOSS con representación nesa mesa, coa seguinte orde do día:
1. Lectura e aprobación da acta da reunión anterior.
2. Orde comisións de servizo
3. Orde de substitucións
4. Información sobre a creación de prazas e forma de provisión.
5. Articulación dun acordo para a percepción da cantidade correspondente a un punto para os postos desempeñados polos xestores procesuais secretarios xulgados de paz
6. Rolda de intervencións.
Nova orde de comisión de servizo e substitucións
A DXX remitiu a todas as organizaciós sindicais presentes nesta mesa os borradores da nova orde de comisións de servizos e da nova orde de substitucións.CCOO e o resto das organizacións sindicais presentes na mesa fixemos as alegacións ao novo borrador da orde de comisións de servizos remitido pola DXX. Lembrar que ista orde xa foi obxecto de varias mesas técnicas, a última delas celebrada o pasado 18 de xullo de 2017.
No turno de intervencións, dúas centrais sindicais plantexan a dúbida de qué plazas podían ser consideradas como “ vacantes”, e co fin de evitar posibles futuros contenciosos , despois de facer as correspondentes alegacións ao novo borrador, a DXX acordou remitir a consulta plantexada á Asesoria xuridica co fin de que emitan informes sobre que prazas poden ser consideradas vacantes e polo tanto deben ofertarse mediante comisión de servizos e cales deben ofertarse mediante substitución.
A DXX acordou deixar en suspenso a negociación da nova orde de substitución ata non ter resolto o problema plantexado. Isto paraliza de novo, a publicación desta orde despois dunha negociación na que levamos xa dende o ano 2017.