Convocatoria en comisión de servizos de postos de traballo nos xulgados de nova creación


24 jul 2019



 

 

 

Hoxe publicase na intranet de xustiza a Resolución do 18 de xullo de 2019, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convoca a provisión en comisión de servizo, de forma temporal e por petición da persoa interesada, de postos de traballo nos órganos de nova creación entre funcionarios dos corpos e escalas ao servizo da Administración de xustiza con destino na Comunidade Autónoma de Galicia.
Poderán solicitar as comisións de servizos, con exención de funcións nos seus postos actuais, os funcionarios de carreira dos corpos ao servizo da Administración de xustiza que estean en situación de servizo activo prestando servizos no seu destino definitivo. Poderá solicitar as comisións de servizo o persoal funcionario que se atope de baixa por incapacidade temporal sempre que se reincorpore ou se produza a súa alta para a data de entrada en funcionamento dos órganos de nova creación.

A selección dos candidatos e a adxudicación das comisións de servizo farase segundo a orde de preferencia fixada pola persoa solicitante na súa instancia e con base na maior puntuación obtida cos mesmos criterios que nun concurso de traslados: antigüidade e nivel de coñecemento da lingua galega. En caso de empate acudirase ao escalafón.

Os interesados deberán presentar unha instancia axustada ao modelo que se axunta como anexo II a esta resolución. Na solicitude deberanse enumerar, por orde de preferencia, as unidades e localidades que se solicitan. Canda a solicitude haberá que presentar unha copia da certificación ou do diploma que acredite o coñecemento da lingua galega.

As comisións de servizos para as prazas ofertadas no anexo I comezarán o día da entrada en funcionamento dos novos órganos xudiciais, prevista para o 30 de setembro do 2019, e a súa duración será ata a adxudicación das prazas mediante concurso de traslados, sendo o período mínimo de permanencia na comisión de servizos de seis meses. En caso de renuncia á comisión de servizos antes de que transcorran seis meses, o funcionario non poderá acceder a unha nova comisión de servizo durante un prazo dun ano.

O prazo de presentación de solicitudes será de cinco días hábiles desde o día seguinte ao da publicación. 

Para ver a Resolución, preme aqui