A Dirección Xeral de xustiza remitenos a seguinte comunicación en relación á concesión do permiso por falecemento, accidente ou enfermidade grave dun/dunha familiar: | |
¨"Consecuencia da firmeza da sentenza
ditada en data 19 de decembro de 2018 pola Sala do
Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia,
en relación á concesión do permiso por falecemento, accidente
ou enfermidade grave dun/dunha familiar recollido no artigo 11 da
Resolución do 8 de abril de 2009, da Dirección Xeral de xustiza, pola
que se regula o réxime e o procedemento da concesión de vacacións,
permisos e licenzas do persoal funcionario ao servizo
da Administración de Xustiza en Galicia, enténdese por “LOCALIDADE”, a
localidade da residencia do funcionario e non a localidade onde radica o
seu posto de traballo.