Hoxe publícase na intranet de xustiza a seguinte nota informativa sobre a terceira fase do plan de recuperación:
"O próximo 23.04.2019 iniciase unha nova fase do plan de recuperación nos seguintes órganos, ao abeiro da cláusula 8 do Acordo asinado con SPJ-USO, UGT e CC.OO. o día 23.05.2018. Para consultar a nota informativa coa instrucións correspondentes prema na presente ligazón.
As persoas dos ditos órganos que desexen participar nesta fase do plan deberá confirmar a súa participación, salvo que xa o fixesen previamente, cubrindo a solicitude existente na OPAX.
Soamente o persoal que con motivo do concurso de traslados aínda non teñan a tarxeta de empregado público, poderán enviar a confirmación de participación no plan por correo electrónico ao seguinte enderezo electrónico:
Posteriormente, o día 27.05.2019, iniciarase outra fase do plan nos seguintes órganos. Nos vindeiros días, publicarase a correspondente nota informativa coas instrucións oportunas para a realización desta fase."