Onte, 14 de novembro do 2018 publicouse na intranet de xustiza a Resolución, pola cal se ditan instrucións sobre a retribución do persoal de Xustiza nos casos de incapacidades temporais (IT) por continxencias comúns.
A resolución e
consecuencia do Acordo acadado o
pasado 23 maio 2018, asinado por CCOO, UGT, e
SPJ-USO . Este Acordo equiparou a situación do persoal dos corpos ao servizo da
Administración de xustiza co resto dos corpos funcionariais e autoridades do
ámbito xudicial pero deixou tamén
aberta a posiblilidade dunha mellora
“ no
caso de que as condicións do resto de corpos funcionariais ou autoridades do
ámbito xudicial melloren, as novas condicións trasladaranse tamén ao persoal
suxeito ao ámbito deste acordo”
CCOO
presentou escrito o 23/10/2018 ante a DXX solicitando a modificadión do punto 2
do Acordo de 23 de Maio, e a recuperación do cen por cento das retribucións no
caso das incapacidades temporais.
O BOE do 14 de
novembro de 2018, publicou a resolución da Direccion Xeral de Relacións coa
Administración de Xustiza sobre retribucións nos casos de incapacidade temporal
por continxencias común do perosal ao servizo da Administración de xustiza no
ámbito xestionado polo Ministerio, polo que en virtude do Acordo 23 de maio 2018, asinado polas organizaciónes sindicais, CCOO, UGT e SPJ-USO , trasladase
ao ámbito da Comunidade autonóma de
Galicia as condicións acadadas no ámbito do Ministerio
A Resolución
da DXX do 14 de novembro supón a volta á situación na que nos atopábamos con anterioridade ao ano 2012, pasando a percibir o cen por cento das nosas
retribucións nos casos de incapacidade temporal (IT), con efectos retroactivos
a partir do 31 de xullo de 2018.
RESOLUCIÓN
RESOLUCIÓN