Nova sección na intranet de xustiza sobre prevención de riscos laborais


15 nov 2018






Créase unha nova sección na intranet de Xustiza dedicada a ofrecer información sobre prevención de riscos laborais.

Nesta nova sección, ademais de dar acceso á páxina web do servizo de prevención de riscos laborais da Xunta de Galicia, pódese atopar información xeral dos pasos a seguir en caso de accidente laboral, así como fichas con información sobre determinados riscos que se poidan xerar no posto de traballo, avaliación dos mesmos e medidas preventivas encamiñadas a evitalos ou diminuílos.

Pode acceder á sección premendo na presente ligazón, ou dende o perfil de xestores, tramitadores e auxilios ou médicos forenses premendo na icona correspondente.