Nova ferramenta para fichaxe Kronos nos xulgados de paz


28 nov. 2018




 







A partir do luns 3/12/2018 estará dispoñible unha nova versión de KRONOS instalada nos equipos informáticos dos xulgados de paz.

A partir do próximo 3/12/2018 as persoas que utilizan actualmente KRONOS nos xulgados de paz deberán utilizar esta nova versión para realizar as súas fichaxes de entrada e de saída.

A esta versión non se accede a través da intranet de Xustiza, é dicir, non se executa no navegador web. Para acceder, deben facer dobre clic sobre unha icona do seu escritorio.

A nova versión utiliza os mesmos datos que a anterior e o seu uso non supón ningún cambio na lóxica de funcionamento do sistema de fichaxe; trátase unicamente dun cambio técnico.

Dispoñen de toda a información, do manual de usuario, así como das preguntas frecuentes relacionadas coa ferramenta, na seguinte ligazón: http://intranet.xustiza.gal/web/d.x.xustiza/kronos.
Se detectan calquera erro coa ferramenta ou non atopan a icona instalada no seu equipo, pregámoslles que se poñan en contacto co CSU de Xustiza polas canles habituais para solucionalo o máis axiña posible.

Se o erro detectado lles impide fichar, poden utilizar excepcionalmente a versión web que viñan utilizando ata o de agora.