Curso de formación de carácter obrigatorio en prevención de riscos laborais dirixido ao persoal ao servizo da Adaministración de xustiza con destino nos partidos xudiciais de Santiago de Compostela, Ferrol, Lugo e Ourense


20 nov. 2018









Nota informativa publicada hoxe na intranet de xustiza:



Con data do 14/11/18 publicouse no DOG a Resolución do 5 de novembro de 2018 pola que se convoca un curso de formación de carácter obrigatorio en prevención de riscos laborais dirixido ao persoal ao servizo da Administración de xustiza con destino nos partidos xudiciais de Santiago de Compostela, Ferrol, Lugo e Ourense.

Dado o número de chamadas recibidas pedindo información ao respecto, comunícase que o persoal funcionario pertencente ao partido xudicial da Coruña –no cal xa se convocara previamente este curso por Resolución do 27 de setembro de 2018 (DOG do 08/10/18)– que non o realizara no seu momento por se atopar de baixa ou por calquera outra circunstancia poderá solicitar a súa inscrición nesta nova edición aínda que estea destinada ao persoal dos partidos xudiciais de Santiago de Compostela, Ferrol, Lugo e Ourense, e de quedaren prazas vacantes será incluído no mesmo por orde de presentación de solicitudes.