Horario de verán 2018


14 jun 2018




O día 16 de xuño, comeza o horario de verán para os funcionarios de xustiza.

Aspectos a ter en conta:

- O horario de verán exténdese do 16 de xuño ao 15 de setembro ambos incluídos.

- A xornada en cómputo semanal é de 32 horas e media, con cinco horas e media de horario fixo a facer entre as 8:30 horas e as 14:30 horas.

- O horario flexible unha hora en cómputo diario pode facerse entre as 7:30 horas da mañá e as 17:30 horas da tarde.