Mesa sectorial 15/05/2018


16 may 2018




CCOO XUSTIZA INFORMA
Hoxe 15 de maio, a Xunta de Galicia convocou ás organizacións sindicais á Mesa Sectorial de Negociación do Persoal ao Servizo da Admón. de Xustiza, reunión extraordinaria, para tratar de desbloquear e chegar a un posible acordo entre a Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e as OO. SS, para “ a mellora das condicións de traballo do persoal ao servizo da administración de xustiza en Galicia”

A Administración acode á devandita Mesa, coa mesma proposta que foi trasladada aos sindicatos o pasado día 26 de abril a través do Comité de Folga, eliminando tan só a cláusula 13 da dita proposta (dereito a decidir por parte dos/as traballadores/as)

A Xunta manifesta que non modifica a súa proposta nin acepta as alegacións presentadas, entre elas a que propón UGT á que se adhire CCOO, sobre un escrito dos/as traballadores/as de Ourense.

CCOO, ante este escenario que non ten ningún cambio substancial nin positivo, dado que a proposta e a que foi levada a votación o pasado 27 de abril nuns feitos de sobra coñecidos, solicitou un breve prazo de tempo para consultalo coa súa afiliación. UGT e CSIF súmanse a esta petición. A Xunta da de prazo para adherirse ou non á mesma ata o venres, día 18 de maio, ás 14.00 horas.

A Administración remata a mesa dicindo que unha vez que teña o venres a resposta de todas as OO.SS, se hai acordo maioritario o aplicará e se ningunha organización sindical quere este acordo, actuará en consecuencia e adoitará as decisións oportunas dando por pechado este conflito. A Xunta comunica que de non " existir un mínimo principio de acordo, veríanse liberados en canto o ofrecemento e que serían os órganos da Xunta que tomarían una decisión" e dicir que poderían retirar da Mesa a proposta actual.