OS SINDICATOS REÚNENSE COS GRUPOS PARLAMENTARIOS: UN PASO MÁIS PARA ACABAR COA DISCRIMINACIÓN LABORAL NA XUSTIZA GALEGA
MOBILIZACIÓNS DOS TRABALLADORES/AS DA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA
Todas as organizacións sindicais con representación na mesa de negociación da Administración de Xustiza (SPJ-USO, CUT, UGT, CSIF, STAJ, CIG, CCOO), en unidade de acción, estamos a realizar unha serie de mobilizacións co fin de que pola Dirección Xeral de Xustiza se inicie a negociación en relación os seguintes puntos:
- Incremento do CAT (complemento autonómico transitorio)
- Descontos por IT (incapacidade temporal)
- Plan de amortización de 106 prazas
- Cobro do 100% nas substitucións
- Consolidación das prazas de reforzo de mais de 3 anos
Celebráronse asembleas cos traballadores nas sete grandes cidades de Galicia e informouse en todos os centros de traballo.
Asemade, o 14 de novembro, as organizacións sindicais reunímonos cos grupos parlamentarios de En Marea, BNG y PSOE obtendo o respaldo dos mesmos nas nosas reivindicacións.
Hoxe, 16 de novembro, iniciamos as mobilizacións coa convocatoria dunha concentración diante dos centros de traballo.
As organizacións sindicais prevemos a convocatoria de folga os días 1 e 13 de decembro e no descartamos, en caso de no ser atendidas as nosas reivindicacións, de iniciar a finais do mes de xaneiro unha folga indefinida.