CCOO denuncia o lamentable estado das oficinas do Xulgado de Paz de Cerceda ( A Coruña)


2 nov 2017


Desde CCOO enviouse un escrito no pasado mes de maio á Subdirección Xeral de Medios da Administración de Xustiza, dependente da Direccion Xeral de Xustiza, denunciando a lamentable situación na que se atopan as instalacións do Xulgado de Paz de Cerceda (A Coruña).

O escrito, asinado pola delegada de prevención de CCOO , denuncia o estado lamentable no que se atopan os libros do Rexistro Civil, as deficiencias na instalación eléctrica, a falla de accesibilidade, a carencia de calefacción, a non existencia de aseos e lavabos, que obriga ao persoal funcionario do devandito xulgado, a ter que saír das instalacións do propio xulgado ata as do Concello, obrigando moitas veces a pechar o Xulgado.

CCOO  pediu hai xa meses unha reunión co Alcalde de Cerceda, para solucionar esta situación, sen que ata a data recibira noticia alguna.

Desde CCOO  advirten que esta situación é xa insustentable, e exisen que se adopten as medidas oportunas para solucionar esta situación xa que pola contra cursarase a correspondente denuncia, ante a Inspección de Traballo, xa que se está a vulnerar o Real Decreto 486/1997 do 14 de Abril, sobre condicións dos locais de traballo, e varios artigos da Lei de Prevención de Riscos Laborais.

enlace La Opinión. A Coruña

enlace La Voz de Galicia


Escrito presentado o 30 de maio de 2017