Os 7 sindicatos con
representación na mesa sectorial de xustiza de Galicia presentamos o pasado día
3 de outubro, en unidade de acción,  escritos dirixidos ao Conselleiro de Xustiza e
Vicepresidente da Xunta de Galicia  e ao Director
Xeral de Xustiza,  nos que esiximos a
convocatoria da mesa sectorial de xustiza, presidida polo Conselleiro de
Xustiza,  para a negociación dos
seguintes temas :
-      Subida do CAT
(futuro complemento específico ca NOX). 
Aos funcionarios de xustiza de Galicia
suprimíronnos parte do CAT durante o período 2013-2016  e somos a terceira comunidade co CAT máis
baixo. 
-      Equiparación da IT
co réximen dos maxistrados e fiscais.
-      O cobro do 100%
das retribucións do posto que se ocupa nas substitucións
verticais.
          
-      A
consolidación de todas aquelas prazas de reforzo que leven máis de 3
anos.
-      As
amortizacións de 106 prazas imposta
pola DXX.
                          UNIDADE  DE 
ACCION 
 (SPJ-USO,
AXG-CUT,UGT, CSIF, STAJ, CIG, CCOO)