CCOO solicita á Xefatura Territorial da Coruña a convocatoria urxente da comisión paritaria de interinos


30 oct 2017





O pasado día 13 de outubro a Xefatura Territorial da Coruña comunicounos, por correo electrónico, o chamamento e posterior nomeamento polo procedemento de urxencia e con declaración de zona única, dun interino do corpo de auxilio xudicial para ou Xulgado de Paz de Cee.

CCOO pediulle á Xefatura Territorial explicacións sobre as razóns de tramitarse pola vía de urxencia e tamén pola falta de publicidade da declaración de zona única no OPAX, sen que houbese contestación algunha por parte de dita Xefatura.

Ante o exposto presentamos, o pasado día 24 de outubro, escrito solicitando a convocatoria urxente da comisión paritaria de interinos co fin de proceder a revisar o expediente do nomeamento efectuado.