Hoxe publícanse na intranet xudicial novos avisos de desocupación de postos que se ofertan para a
 sua cobertura mediante substitución entre titulares con data 7 de xuño 
de 2017.
 As prazas ofértanse conxuntamente para a súa cobertura en substitución vertical ou horizontal. 
De acordo coa normativa reguladora, poderá solicitar as substitucións o
 persoal funcionario de carreira dos corpos xerais que estean es 
situación de servizo activo e prestando efectivamente servizo. 
Terá preferencia a tramitación das substitucións verticais, e dentro de cada un dos apartados operan os criterios de preferencia determinados na norma.
 Os avisos prodúcense pola necesidade de cubrir postos de traballo que 
actualmente se atopan desocupados por estaren vacantes ou por ausencia 
do titular por periodos de longa duración.
 Os/as interesados/as nas substitucións presentarán as súas solicitudes conforme ao Anexo II bis
 dispoñible nos modelos do correspondente apartado adicado ás 
substitucións entre titulares. No caso de que se solicite varias das 
prazas ofertadas, a orde de preferencia a ter en conta de 
corresponderlle máis dunha das prazas, será a que recollida na 
solicitude.
Prazo de presentación de solicitudes: 08, 09 e 12 de xuño de 2017
