O pasado mércores
día 14 de xuño , CCOO presentou escrito na Xefatura Territorial dá Consellería
de Presidencia, Vicepresidencia, Administracións Públicas e Xustiza, reiterando
a necesidade e conveniencia de que se proceda á instalación de xanelas en todas
as oficinas xudiciais do novo edificio xudicial.
Para CCOO as mesmas
causas que xustificaron a apertura de xanelas nas oficinas do IMELGA e do
Xulgado de Garda xustifican tamén a necesidade de que sexan abertas nas demais
oficinas xudiciais nas que, pola existencia de patios interiores , é posible a
realización da devandita obra, sendo posible tamén no corredor na planta souto
-1.
CCOO reitera a
necesidade e conveniencia de que se proceda á instalación de xanelas en todas
as oficinas xudiciais onde sexa posible,
o que contribuiría a unha mellor ventilación das oficinas e por
conseguinte, unha mellora nas condicións laborais do persoal que traballa nas
mesmas.
Para ver o escrito preme aquí