Novos avisos de desocupación de postos para a súa cobertura mediante substitucións entre titulares


1 dic 2016


 

 

Publicáronse novos avisos de desocupación de postos que se ofertan para a súa cobertura mediante substitución entre titulares con data do 30 de novembro de 2016.
As prazas ofértanse conxuntamente para a súa cobertura en substitución vertical ou horizontal. De acordo coa normativa reguladora, poderá solicitar as substitucións o persoal funcionario de carreira dos corpos xerais que estea en situación de servizo activo e prestando efectivamente servizo. Terá preferencia a tramitación das substitucións verticais, e dentro de cada un dos apartados operan os criterios de preferencia determinados na norma.
Os avisos prodúcense pola necesidade de cubrir postos de traballo que actualmente se atopan desocupados por estaren vacantes ou por ausencia do titular por períodos de longa duración.
Os/as interesados/as nas substitucións presentarán as súas solicitudes conforme o anexo II bis dispoñible nos modelos do correspondente apartado dedicado ás substitucións entre titulares. No caso de que se soliciten varias das prazas ofertadas, a orde de preferencia a ter en conta, de lle corresponder máis dunha das prazas, será a que apareza recollida na solicitude.
 A información sobre os postos ofertados pode consultarse no documento Avisos de desocupación.


Prazo de presentación de solicitudes: 01 ,02 e 05 de decembro