O
pasado día 15 deste mes, houbo unha reunión na Inspección de Traballo de A
Coruña, sobre as deficiencias en materia de prevención de riscos laborais,
existentes no edificio xudicial de Betanzos.
Asistimos
a xuntanza representantes de todolos sindicatos e da Administración. A
Inspectora actuante informou da situación das deficiencias, tras as actuacións
realizadas pola Administración, en concreto:
1.- Sobre a praga de termitas, deuse por resolta.
2.- Sobre o disconfor térmico. Aportáronse informes
técnicos que aseguran que os parámetros de temperatura, humidade e velocidade
do aire, atopanse en niveis aceptables.
3.- Sobre a reposición das cadeiras en mal estado.
Traeranse 23 novas cadeiras, que comezaran a chegar ós xulgados, a partir do
día 18 deste mes.
CCOO
o remate mencionamos que este tipo de deficiencias, deberían poder ser
tratadas no Comité de Seguridade e Saúde
Laboral do persoal da Administración de Xustiza de Galicia, pero coma dito
comité hai maís dun ano que non se convoca, é díficil facelo. Polo
que solicita dos responsables da Administración presente que fagan posible a
convocatoria deste Comité, a maior brevidade.
A
Coruña, 20 de xullo de 2.016