Hoxe recibimos o seguinte correo electrónico da DXX informando das novidades que sobre a tramitación das substitucións entre tiulares publicaranse proximamente na intranet xudicial :
Bo día,
Achegamos información
sobre a tramitación das substitucións entre titulares que se publicará
para o coñecemento de todo o persoal na intranet xudicial.
·
As solicitudes serán cumprimentadas de acordo co anexo II bis dispoñible no apartado
adicado ás substitucións entre titulares da intranet xudicial. Neste
novo anexo habilítase a posibilidade de solicitar máis dunha das prazas
que se oferten, e a orde na que se soliciten,
será a que se teña en conta como orde de preferencia para o caso de
corresponderlle á persoa máis dunha das prazas. (Xúntase o anexo)
·
A remisión das solicitudes feitas polo persoal solicitante remitirase a través dalgunha das seguintes canles:
o
Correo electrónico:
servicio.persoal.xustiza@ xunta.es
o
Fax: 981546222
·
A proba de entrega será o acuse de recibo do
fax ou do correo electrónico enviado, e non será preciso achegar
documentación acreditativa algunha xunto coa petición, xa que de ser
precisa será requerida pola Dirección Xeral.
·
Logo da revisión das peticións recibidas na
Dirección Xeral, publicarase na intranet xudicial unha resolución na que
se indicarán os nomes das persoas adxudicatarias e a data de efectos
das súas substitucións.
·
Os correspondentes acordos de substitución
entre titulares serán enviados por correo electrónico aos /ás
adxudicatarios/as, sendo comunicados, á súa vez aos superiores
funcionais dos órganos de orixe e destino para o seu coñecemento.