Hoxe , 2 de xuño de 2016, acadouse un acordo entre os sindicatos representados na Mesa da Función Pública de Galicia-CCOO,UXT,CSIF, salvo CIG- para a devolución este ano do complemento específico de xanerio e febreiro da paga extra do ano 2013 e a recuperación integra das extras non ano 2017.
A devolución corresponde aos dous meses anteriores (Xaneiro e Febreiro) a entrada en vigor da Lei da Xunta que anulaba este complemento autonómico.Este acordo recolle tamén a restitución do 100% do complemento especifico a partir de 2017, polo que se garante a recuperación íntegra da paga extra para o ano 2017
Este acordo inclúe ao persoal labaoral das entidades do Sector Público de Galicia , asi como a totalidade do persoal funcionario, laboral estatutario, docente e de xustiza, incluído ao persoal das universidades e tamén a aqueles traballadores do ensino concertado cuxas retribución veñen referenciadas ao persoal do ensino publico