Publicouse onte na intranet o plan de formación para as persoas que obtivesen novo destino no concurso de traslados na comunidade.
Dende CCOO valoramos positivamente a posta en marcha deste plan de formación pero consideramos que é unha ferramenta claramente insuficiente e, dende CCOO, pedimos unha vez mais a posta en marcha dunha formación real de acollida a base de titorias retribuídas na que compañeiros do mesmo xulgado con experiencia no desempeño dun posto concreto formen ao persoal que cambia de destino.
Esta formación que demanda CCOO lévase a cabo xa noutras comunidades con resultados moi positivos
Na intranet publicouse o seguinte:
Como consecuencia da resolución do concurso de traslados de 2015 do persoal
dos corpos de xestión, tramitación e auxilio, producirase un importante
movemento de persoal nos distintos órganos da Administración de xustiza en
Galicia, tanto no referente a persoas procedentes doutras comunidades autónomas
coma no referente a persoas afectadas por cambios de destino dentro da
Administración de xustiza de Galicia.
Co fin de que este persoal reciba a formación
máis axeitada para o posto de traballo no que se vai incorporar, e logo de
analizar a información relativa aos postos de orixe e destino, está prevista
unha formación que se desenvolverá en dúas fases:
1. Formación en temas xenéricos, organizativos e administrativos. As actividades formativas xenéricas, aínda que adaptadas ao perfil do usuario, serán as mesmas para todos os usuarios.
2. Formación específica nas aplicacións informáticas da Administración de xustiza de Galicia. As actividades formativas específicas adaptaranse ao perfil do usuario e ao seu destino.
Esta formación estará guiada en todo momento por un titor, que se asignará a cada un dos alumnos segundo se incorporen aos seus novos postos, e nela participarán os distintos formadores especializados levando a cabo as actividades formativas (titorías, reforzos formativos remotos, etc.).